EMail  Contrasinal 

4º ESO. Charla prevención de delitos sexuais


O xoves 15 de febreiro o alumnado de 4º de ESO asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos sobre prevención de delitos sexuais, no seguinte horario: 4º ESO A: 9:20 a 10:10. 4º ESO B e PDC: 10:35 a 11:25. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polo seu profesorado.