EMail  Contrasinal 

Actividades


08/05/2024

4º ESO: Obradoiro de percusión corporal

Entre as 10:35 e as 13:30 horas (con descanso no recreo) do mércores 8 de maio, o alumnado de música de 4º de ESO asistirá ó obradoiro de percusión corporal "Takedinorum", a cargo do profesor Benito Buíde del Real. A actividade, organizada polo departamento de música, terá lugar na aula de novos medios do centro e e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias. Durante a actividade tomaranse imaxes e vídeos.

07/05/2024

1º BAC: A Voltas co GPS

Entre as 9:20 e as 15:00 horas do día 7 de maio desenvolverase na localidade de Rábade unha actividade de Orientación na Natureza organizada polos departamentos e E.F. e Tecnoloxía, na que participarán o alumnado de 1º BAC, acompañado por Manuel Pérez e Marco A. López.

26/04/2024

4º ESO: Concierto didáctico en Santiago

Entre as 9:20 e as 13:30 horas (aproximadamente) do venres 26 de abril o alumnado de música de 4º de ESO A, B e PDC asistirá ó concerto didáctico "Pleasure Island" a cargo da Real Filarmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A actividade está organizada polo departamento de Música e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias e outro/a profesor.

26/04/2024

1º BAC: Obradoiro Cruz Vermella

Entre as 10:35 e as 12:15 do venres 26 de abril o alumnado de 1º de BAC participarán no obradoiro "Prevención de Condutas Violentas: Violencia de Xénero". A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

23/04/2024

1º BAC: Visita centro deportivo.

Entre as 9:20 e as 13:30 horas do martes 23 de abril, o alumnado de 1º de BAC realizará unha visita ó centro deportivo D10. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro. O listado do alumnado participante está dispoñible na Intranet.

22/04/2024

1º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O luns 22 de abril o alumnado de 1º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Alimentación" no seguinte horario: 1º ESO A de 8:30 a 10:10. 1º ESO B de 10:10 a 12:10, 1º ESO C de 12:10 a 14:10. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

22/04/2024

3º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O luns 22 de abril o alumnado de 3º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Prevención de Drogodependencias" no seguinte horario: 3º ESO A de 8:30 a 10:10. 3º ESO B de 10:10 a 12:10, 3º ESO C e PDC de 12:10 a 14:10. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas aulas de referencia de 3º A, B e C e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

19/04/2024

3º e 4º ESO: Iniciacion á escalada.

Entre as 8:30 e as 14:20 do venres 19 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO participarán nunha actividade de iniciación á escalada en Baleira. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

18/04/2024

1º ESO: Iniciacion á escalada en rocódromo.

Entre as 9:30 e as 11:30 do xoves 18 de abril o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Rocolugo". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Olga Matalobos Díaz.