EMail  Contrasinal 

Actividades


25/03/2026

2º ESO: Educación para a saúde: Xestión emocional

O mércores 25 de marzo, o alumnado de 2º de ESO B participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Xestión emocional", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

24/03/2026

1º BAC: Obradoiro Cruz Vermella: Prevención da violencia de xénero

O martes 24 de marzo, o alumnado de 1º de BAC participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Prevención da violencia de xénero", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

24/03/2026

4º ESO: Charla UDC

Entre as 12:10 e as 13:00 horas do martes 24 de marzo, o alumnado de Matemáticas A e B de 4º ESO A e B asistirá á charla "La Estadística está en tu día a día. ¡Descubre cómo!", impartida por Estefanía Mourelle Espasandín, como parte do programa de actividades de Divulgación Científica da UDC. A actividade, organizada polo Departamento de Matemáticas, terá lugar na aula de Novos Medios, e o alumnado estará acompañado por Jesús Manteiga, Mª José Paredes e Cristina Expósito.

24/03/2026

1º e 2º BAC: Charla Begoña Caamaño

Entre as 12:10 e as 13:00 horas do martes 24 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de BAC asistirá a unha charla sobre Begoña Caamaño impartida por Mª Jesús Nogueira. A actividade, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, terá lugar na aula de novos medios e o alumnado estará acompañado por Rosa Mª Seco e o profesorado dos grupos.

23/03/2026

4º de ESO: Educación para a saúde: Educación sexual.

O luns 23 de marzo, o alumnado de 4º de ESO participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Educación para a saúde: Educación sexual ", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

18/03/2026

3º ESO: Educación para a saúde: Hábitos nocivos

O mércores 18 de marzo, o alumnado de 3º de ESO participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Hábitos nocivos", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

17/03/2026

2º ESO: Educación para a saúde: Acoso escolar

O martes 17 de marzo, o alumnado de 2º de ESO participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Prevención do Acoso Escolar", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

16/03/2026

1º ESO: Educación para a saúde: Alimentación

O luns 16 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participará no obradoiro realizado pola Cruz Vermella "Educación para a saúde: Alimentación", organizado polo departamento de Orientación. A actividade levarase a cabo nas aulas de referencia dos grupos.

09/03/2026

3º ESO: Charla Escola Enxeñaría de Telecomunicación

Entre as 11:20 e as 12:10 horas do luns 9 de marzo, o alumnado de educación dixital de 3º ESO A, B e PDC asistirá á charla "Ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros". A actividade, organizada polo departamento deTecnoloxía, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande.