EMail  Contrasinal 

Actividades


18/06/2026

Acto de final de etapa 4º ESO e 2º BAC

Ás 19:30 horas (horario pendente de confirmación definitiva) do xoves 18 de xuño terá lugar no centro o acto de final de etapa para o alumnado de 4º de ESO e 2º de BAC. Están convidados a asistir os familiares e o profesorado do centro.

16/06/2026

2º e 3º ESO: Iniciación deportiva ó Surf

Entre as 8:30 e as 18:30 h do martes 16 de xuño, o alumnado de 2º e 3º de ESO participará nunha xornada de iniciación ó surf en Viveiro. A actividade está organizada polo Departamento de Educación Física e os alumnos estarán acompañados por Manuel Pérez e Silvia Díaz.

08/06/2026

1º ESO: Piragüismo

Entre as 11:00 e as 14:45 horas do luns 8 de xuño desenvolveranse ao longo da mañá unha actividade de piragüismo para todo o alumnado de 1º de ESO. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física, e levarase a cabo na Escuela Lucense de Piragüismo. O alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Silvia Díaz.

02/06/2026

4º ESO: A Voltas co GPS

Entre as 9:20 e as 15:00 horas do día 2 de xuño desenvolverase na localidade de Rábade unha actividade de Orientación na Natureza organizada polos departamentos e E.F. e Tecnoloxía, na que participará o alumnado de 4º de ESO, acompañado por Manuel Pérez e Marco A. López.

01/06/2026

3º e 4º ESO: Visita didáctica á sucursal de A Coruña do Banco de España

Entre as 9:00 a 14:20 horas do luns 1 de xuño o alumnado de Cultura Financieira de 3º ESO e de Economía e Emprendemento de 4º de ESO realizará unha visita didáctica á sucursal de A Coruña do Banco de España. A actividade está organizada polo departamento de Economía e o alumnado estará acompañado por Montserat Penedo Cortizas.

28/05/2026

1º ESO: Visita Aquarium Finisterrae e Castelo de San Antón

Entre as 8:30 e as 18:30 horas do xoves 28 de maio, o alumnado de 1º de ESO realizará unha visita ó Aquarium Finisterrae e o Castelo de San Antón, na cidade de A Coruña. A actividade está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Ríos, Mercedes Pena e Miguel Carricoba.

18/05/2026

3º ESO: Obradoiro de regueifas.

O luns 18 de maio, o alumnado de 3º de ESO participará nun obradoiro de regueifas con Lupe Gómez no seguinte horario: 3º ESO B de 9:20 a 10:10 h. 3º ESO A e PDC de 10:10 a 11:00 h. A actividade, organizada polo departamento de Lingua Galega, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Inmaculada Gayoso.

13/05/2026

3º e 4º ESO: Iniciacion á escalada.

Entre as 8:30 e as 14:20 do mércores 13 de maio, o alumnado de 3º e 4º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada en vía de rocha en Baleira. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Silvia Díaz.

13/05/2026

2º ESO: Toledo, Puy du Fou

Os días 13 e 14 de maio de 2026 o alumnado de 2º de ESO participará nunha viaxe cultural ó parque temático Puy du Fou. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia e o alumnado estará acompañado por Luz Penedo e Miguel Carricoba.