EMail  Contrasinal 

Actividades


09/12/2026

2º BAC TIC Bilingüe: Formación audiovisual

Entre as 11:25 e as 12:40 h do miércoles 9 de decembro, o alumnado de TIC Bilingüe de 2º de BAC asistirá a unha actividade de formación audiovisual na aula de novos medios do centro. A actividade está organizada polo Departamento de Tecnoloxía, e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande.

02/12/2026

1º BAC: Charla prevención apostas e outras adiccións

Entre as 9:20 e as 10:10 do mércores 2 de decembro o alumnado de 1º de BAC asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado polos seus profesores.

26/11/2026

1º ESO: Charla prevención riscos das TIC

O xoves 26 de novembro o alumnado de 1º de ESO asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado polos seus profesores.

19/11/2026

3º e 4º PDC: Visita didáctica a FINSA

Entre as 10:00 a 13:00 horas do xoves 19 de novembro todo o alumnado de 3º e 4º PDC realizará unha visita á empresa Finsa en Rábade. A actividade está organizada polo profesorado dos ámbitos Lingüístico-Social e Tecnolóxico-Matemático, e o alumnado estará acompañado por Lara Romero e María José Paredes.

16/11/2026

4º ESO e 1º BAC: Entrega Premio OUFF Escola 2026

Entre as 8:30 e as 15:00 h do luns 16 de novembro, parte do alumnado de 4º ESO e 1º de BAC acudirá á entrega de premios OUFF Escola 2026, que terá lugar no auditorio municipal de Ourense. A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía, e o alumnado estará acompañado por Marco López e Rosa María Seco. O listado do alumnado participante estará dispoñible na intranet.

30/10/2026

ESO e 1º BAC: Actividades Samaín

Concurso decoración de Samaín: Durante o primeiro lecer do venres 30.10.2026 haberá un concurso de decoración de Samaín nas aulas do centro. Magosto: Entre as 12:40 e as 14:20 horas, o alumnado de ESO e 1º de BAC participará nun magosto e outras actividades lúdicas organizadas polo equipo de Dinamización Lingüística.

30/10/2026

1º BAC: Visita didáctica a Ferrol

Entre as 8:00 a 18:00 horas do venres 30 de outubro, o alumnado de Economía e Tecnoloxía de 1º de BAC realizará unha visita á empresa Navantia e ó Arsenal militar de Ferrol. A actividade está organizada polos departamentos de Economía e Tecnoloxía, e o alumnado estará acompañado por Montserrat Penedo Cortizas e Marco López Grande.

22/10/2026

2º ESO: Iniciación á escalada en rocódromo.

Entre as 9:20 e as 13:30 do xoves 22 de outubro o alumnado de 2º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Move Lab Escalada". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Iván González.

21/10/2026

1º ESO: Iniciación á escalada en rocódromo.

Entre as 9:20 e as 13:30 do mércores 21 de outubro o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Move Lab Escalada". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Iván González.