EMail  Contrasinal 

Actividades


25/03/2025

4º ESO A e PDC: Charla Prevención delitos sexuais

Entre as 9:20 e as 10:10 do martes 25 de marzo o alumnado de 4º de ESO A e PDC asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

25/03/2025

2º ESO B: Charla prevención acoso escolar e ciberacoso

Entre as 14:10 e as 15:00 horas do martes 25 de marzo o alumnado de 2º de ESO B asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

25/03/2025

3º ESO A : Charla Prevención violencia sobre a muller.

Entre as 11:20 e as 12:10 do martes 25 de marzo o alumnado de 3º de ESO A asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

25/03/2025

3º ESO B e PDC: Charla Prevención violencia sobre a muller.

Entre as 12:10 e as 13:00 do martes 25 de marzo o alumnado de 3º de ESO B e PDC asistirá a unha charla do Plan de Convivencia e Seguridade nos centros educativos. Terá lugar na aula de novos medios e o alumnado deberá estar acompañado polos seus profesores.

21/03/2025

1º BAC: Obradoiro Cruz Vermella

Entre as 10:35 e as 12:15 do venres 21 de marzo o alumnado de 1º de BAC participarán no obradoiro "Prevención de Condutas Violentas: Violencia de Xénero". A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

20/03/2025

1º ESO: Burgos, un paseo pola Prehistoria

Os días 20 e 21 de marzo de 2025 o alumnado de 1º de ESO participará nunha viaxe cultural á cidade de Burgos e ó xacemento arquelóxico de Atapuerca. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia e o alumnado estará acompañado por Miguel Carricoba, Rubén Martínez e Luz Penedo

20/03/2025

4º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O xoves 20 de marzo o alumnado de 4º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Sexualidade" no seguinte horario: 4º ESO A de 8:30 a 10:10, 4º ESO B de 10:35 a 12:15 e 4º ESO C /PDC de 12:40 a 14:20. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas aulas de referencia de 4º ESO A, B e C e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

19/03/2025

3º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O mércores 19 de marzo o alumnado de 3º de ESO participará no obradoiro "Educación para a Saúde: Prevención de Drogodependencias" no seguinte horario: 3º ESO A de 8:30 a 10:10. 3º ESO B e PDC de 10:35 a 12:15. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas aulas de referencia de 3º A e B e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.

18/03/2025

2º ESO: Obradoiro Cruz Vermella

O martes 18 de marzo o alumnado de 2º de ESO participará no obradoiro "Acoso Escolar" no seguinte horario: 2º ESO A de 8:30 a 10:10, 2º ESO B de 10:10 a 12:10. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, terá lugar nas súas aulas de referencia e o alumnado estará acompañado polos monitores de Cruz Vermella.