EMail  Contrasinal 

Actividades


23/02/2026

2º ESO: Visita a Sotavento

Entre as 9:20 e as 14:00 horas do luns 23 de febreiro, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita ao parque eólico "Sotavento". A actividade está organizada polo departamento de Física e os alumnos estarán acompañados por Mª José Paredes e Samuel Castro.

13/02/2026

2º, 3º e 4º ESO: Iniciación á capoeira.

O vindeiro venres 13 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO participará nunha actividade de iniciación á capoeira no ximnasio do centro. O alumnado de 3º ESO B realizará a actividade a 2ª hora. O alumnado de 3º ESO A realizará a actividade a 3ª hora. O alumnado de 2º ESO A e B realizará a actividade a 4ª hora. O alumnado de 4º ESO A e B realizará a actividade a 5ª hora. O alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Silvia Díaz Piñeiro.

10/02/2026

2º e 3º ESO: Teatro Lingua Castelá

Entre as 10:35 e as 13:40 horas do martes 10 de febreiro, o alumnado de 2º ESO, 3º ESO, e 3º PDC asistirá á representación teatral "El Lazarillo de Tormes" no Auditorio Gustavo Freire da cidade de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Lingua Castelá e os alumnos estarán acompañados por María Hombreiro, Patricia Caruncho e outros dous profesores.

04/02/2026

3º ESO A: Programa YAM

Entre as 10:35 e as 12:15 horas dos días 4 e 11 de febreiro, e entre as 11:25 e as 12:15 do 25 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO A realizará as sesións correspondentes ó Programa YAM, un programa escolar dirixiido á aprendizaxe e debate sobre saúde mental. O alumnado estará acompañado pola instructora María Guerreiro e por María Barreiro.

04/02/2026

3º ESO B: Programa YAM

Entre as 12:40 e as 14:20 horas dos días 4 e 11 de febreiro, e entre as 12:40 e as 13:30 do 25 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO B realizará as sesións correspondentes ó Programa YAM, un programa escolar dirixiido á aprendizaxe e debate sobre saúde mental. O alumnado estará acompañado pola instructora María Guerreiro e por María Barreiro.

03/02/2026

2º, 3º e 4º ESO: Taller de Eco Percusión

Entre as 8:30 e as 15:00 horas en sesións de 50 minutos (con descanso nas horas de lecer) do martes 3 de febreiro, o alumnado de 2º e 3º de ESO, e o alumnado de música de 4º de ESO asistirá a un Taller de Eco Percusión. A actividade, organizada polo departamento de música, terá lugar no Ximnasio do centro e e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias.

28/01/2026

2º BAC: Visita Fundación TIC

Entre as 9:20 e as 13:30 horas do mércores 28 de xaneiro, parte do alumnado de 2º de BAC realizará unha visita á Fundación TIC na cidade de Lugo. A actividade foi organizada polo departamento de Tecnoloxía e o alumnado estará acompañado por José Engroba.

24/01/2026

ESO e BAC: Semana Branca Andorra

Entre os días 24 e 31 de xaneiro, parte do alumnado dos cursos comprendidos entre 2º e de ESO e 1º de BAC realizará unha viaxe á estación de esquí de Vallnord en Andorra. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Marco López Grande, Silvia Díaz Piñeiro e Manuel Pérez Teijeiro.

21/01/2026

3º A e 4º A: Concurso Odissea

Durante as tres primeiras e a quinta hora de clase do mércores 21 de xaneiro, o alumnado de Cultura Clásica de 3º ESO A e o alumnado de Latín de 4º ESO A participará no concurso Odissea. A actividade, organizada polo departamento de Latín, terá lugar na aula de novos medios e o alumnado estará acompañado por Rosa Mª Seco.