1º ESO: Día do Libro. Lectura de contos
Entre as 12:00 e as 13:30 horas do xoves 23 de abril, parte do alumnado de 1º ESO A e B participará nunha lectura de contos a nenos de infantil e primaria co gallo da celebración do Día do Libro. A actividade, organizada pola Biblioteca, terá lugar no CEIP Otero Pedrayo e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias e outro/a profesor/a.