EMail  Contrasinal 

Actividades


17/12/2024

1º ESO: Iniciacion á escalada en rocódromo.

Entre as 10:10 e as 13:00 do martes 17 de decembro o alumnado de 1º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada no rocódromo "Move Lab Escalada". Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

13/12/2024

4º ESO: Visita Oviedo e MUMI

Entre as 8:30 e as 21:00 horas do venres 13 de decembro o alumnado de 4º de ESO realizará unha visita a cidade de Oviedo e ó Museo da Minería de Asturias. A actividade está organizada polo departamento de CCSS, Xeografía e Historia e o alumnado estará acompañado por Luz Penedo, María Begoña Pena e Miguel Carricoba.

11/12/2024

1º ESO B: Iniciación deportiva

Entre as 9:00 e as 13:00 horas do mércores 11 de decembro, o alumnado de 1º ESO B asistirá a unha xornada de iniciación deportiva no centro Gravity da cidade de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Educación Fisica e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

10/12/2024

3º ESO: Charla "O coche de hidróxeno en funcionamento"

Entre as 12:00 e as 13:10 horas do martes 10 de decembro o alumnado de educación dixital de 3º de ESO A, B e PDC asistirá á charla de divulgación "O coche de hidróxeno en funcionamento" na aula de novos medios do centro. A actividade está organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e o alumnado estará acompañado por Rocío Núñez e Ana Rodríguez.

10/12/2024

1º ESO: Obradoiro de minerais

O martes 10 de decembro todo o alumnado de 1º de ESO participará nun obradoiro de minerais no seguinte horario: 1º ESO A de 11:20 a 12:10 e 1º ESO B de 12:10 a 13:00. A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía, terá lugar no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. O alumnado estará acompañado por Mercedes Pena.

09/12/2024

1º ESO A: Iniciación deportiva.

Entre as 9:00 e as 13:00 horas do luns 9 de decembro, o alumnado de 1º ESO A asistirá a unha xornada de iniciación deportiva no centro Gravity da cidade de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Educación Fisica e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro.

29/11/2024

3º ESO PDC e 4º ESO: Premios Plan Proxecta

Entre as 10:10 e as 15:00 h do venres 29 de novembro, o alumnado que participou no Plan Proxecta durante o curso 23 24 acudirá a Consellería de Sanidade á entrega dos premios ós centros gañadores. O alumnado estará acompañado por Rocío Núñez, Rocío Rois e José Engroba.

26/11/2024

4º ESO B: Iniciación ó pádel

Entre as 8:45 e as 11:20 do martes 19 de novembro o alumnado de 4º de ESO B participará nunha actividade de iniciación ó pádel no centro Lucus Pádel. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Rubén Martínez Viñas. O listado do alumnado participante pódese consultar na intranet.

25/11/2024

ESO e BAC: TEATRO FRANCÉS

Entre as 10:45 e as 13:20 do luns 25 de novembro, parte do alumnado de francés de todos os niveis desprazarase ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir á representación da obra de teatro "Notre Dame De Paris". A actividade está organizada polo departamento de Francés e o alumnado estará acompañado por José M. González, María Hombreiro, Noemí Iglesias e outro profesor ou profesora.