EMail  Contrasinal 

Actividades


26/05/2026

4º ESO e 1º BAC: Charla creación videoxogos

O martes 26 de maio o alumnado de IA de 4º de ESO e o alumnado de TIC bilingüe de 1º de BAC asistirá a unha charla sobre creación de videoxogos no seguinte horario: 4º ESO de 10:10 a 11:00 h, 1º BAC de 11:20 a 12:10 h. A actividade, organizada polo departamento de Tecnoloxías, terá lugar na aula C3, e o alumnado estará acompañado polo seu profesor, Marco López Grande.

18/05/2026

3º ESO: Obradoiro de regueifas.

O luns 18 de maio, o alumnado de 3º de ESO participará nun obradoiro de regueifas con Lupe Gómez no seguinte horario: 3º ESO B de 9:20 a 10:10 h. 3º ESO A e PDC de 10:10 a 11:00 h. A actividade, organizada polo departamento de Lingua Galega, terá lugar na aula de novos medios do centro, e o alumnado estará acompañado por Inmaculada Gayoso.

13/05/2026

4º ESO e 2º BAC: Charla informativa "Saídas Profesionais no Exército"

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do mércores 13 de maio, terá lugar na aula de novos medios do centro unha charla informativa para alumnos de 4º de ESO e 2º de BAC acerca das salidas laborais no exército, impartida por persoal da Subdelegación de Defensa de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Orientación e a asistencia dos alumnos será voluntaria.

13/05/2026

3º e 4º ESO: Iniciacion á escalada.

Entre as 8:30 e as 14:20 do mércores 13 de maio, o alumnado de 3º e 4º de ESO participará nunha actividade de iniciación á escalada en vía de rocha en Baleira. Está organizada polo departamento de Educación Física e o alumnado estará acompañado por Manuel Pérez Teijeiro e Silvia Díaz.

13/05/2026

2º ESO: Toledo, Puy du Fou

Os días 13 e 14 de maio de 2026 o alumnado de 2º de ESO participará nunha viaxe cultural ó parque temático Puy du Fou. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia e o alumnado estará acompañado por Luz Penedo e Miguel Carricoba.

29/04/2026

1º e 2º BAC: Visita didáctica a Inditex

Entre as 8:00 a 14:20 horas do mércores 29 de abril o alumnado de Economía de 1º e 2º de BAC realizará unha visita á empresa Inditex en Arteixo. A actividade está organizada polos departamentos de Economía e Tecnoloxía, e o alumnado estará acompañado por Montserrat Penedo Cortizas e Marco López Grande.

27/04/2026

4º ESO: Fundación MOP

Entre as 8:30 e as 14:30 horas do luns 27 de abril, o alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO realizará unha visita didáctica á Exposición Annie Leibovitz na Fundación MOP de A Coruña. A actividade está organizada polo departamento de Debuxo e o alumnado estará acompañado por José Ramón Jiménez Rosales.

23/04/2026

1º e 2º BAC CIENCIAS: Charla programa A Ponte

Entre as 11:25 e as 12:15 horas do xoves 23 de abril, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencis Ambientais de 1º de BAC e de Bioloxía de 2º de BAC asistirá á charla do Programa A Ponte da USC "Nos frente o cancro. Inmunoloxía". A actividade, organizada polo departamento de Bioloxía, terá lugar na aula de novos medios e o alumnado estará acompañado por Mercedes Pena.

23/04/2026

1º ESO: Día do Libro. Lectura de contos

Entre as 12:00 e as 13:30 horas do xoves 23 de abril, parte do alumnado de 1º ESO A e B participará nunha lectura de contos a nenos de infantil e primaria co gallo da celebración do Día do Libro. A actividade, organizada pola Biblioteca, terá lugar no CEIP Otero Pedrayo e o alumnado estará acompañado por Esperanza Iglesias e outro/a profesor/a.