1º e 2º BAC: Charla Begoña Caamaño
Entre as 12:10 e as 13:00 horas do martes 24 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de BAC asistirá a unha charla sobre Begoña Caamaño impartida por Mª Jesús Nogueira. A actividade, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, terá lugar na aula de novos medios e o alumnado estará acompañado por Rosa Mª Seco e o profesorado dos grupos.