EMail  Contrasinal 

DÍA DE ROSALÍA


O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía, por este motivo o Equipo da Biblioteca organiza un acto conmemorativo. Interpretación de poemas musicados de Rosalía de Castro a cargo do cuarteto vocal: "Son de corda" formado por Antón Castro, Fernando Gómez Jácome, Esperanza Iglesias e Carmen Prendes. Recitado do poema "A xustiza pola man" con acompañamento de piano. Lectura do manifesto da Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega. O horario do acto será de 9:50 a 10:30 h. no vestíbulo do centro. O alumnado baixará e colocarase por grupos de xeito ordenado e acompañado en todo momento polo profesorado correspondente que controlará o seu comportamento. O período de lecer será ao remate do acto de 10:30 a 10:50 h.