EMail  Contrasinal 

2º BAC: Charla sobre Doazón e Transplante de Médula Ósea


Entre as 12:10 e as 13:00 horas do martes 19 de marzo 16 alumnos e alumnas de 2º de BAC asistirán a unha charla de divulgación sobre Doazón e Transplante de Médula Ósea na aula C4 do centro. A actividade está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e os alumnos estarán acompañados por Marta López.