3º ESO: Charla "María Wonenburguer"
Entre as 11:25 e as 12:15 horas do venres 7 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO A, B e PDC asistirá á charla de divulgación "María Wonenburguer: unha matemática galega adiantada ó seu tempo", impartida por Ana Dorotea Tarrío Tobar, como parte do programa de Divulgación Científica da UDC. A actividade, organizada polo departamento de Matemáticas, terá lugar na aula de novos medios do centro e o alumnado estará acompañado por Jesús Manteiga, Rocío Rois e Cristina Expósito.