EMail  Contrasinal 

Actividades


20/10/2026

1º BAC. Santiago de Compostela

Entre as 8:30 e as 19:00 h do martes 20 de outubro, o alumnado de 1º de BAC asistirá ao Encontro de Normalización Lingüística na cidade de Santiago. Tamén se visitará a Catedral e a Cidade da Cultura. A actividade está organizada polo Departamneto de Lingua Galega, e o alumnado estará acompañado por Eva de la Torre e Lara Romero.

08/10/2026

4º ESO: Saída en bicicleta e debuxo da paisaxe

Entre as 10:10 e as 14:20 horas do xoves 8 de outubro, o alumnado de 4º de ESO participará nunha saída en bicicleta a Penas de Rodas para realizar unha actividade de pintura ó natural. A actividade está organizada polo departamento de Plástica, e o alumnado estará acompañado por José Ramón Jiménez e Manuel Pérez.

18/06/2026

Acto de final de etapa 4º ESO e 2º BAC

Ás 19:30 horas (horario pendente de confirmación definitiva) do xoves 18 de xuño terá lugar no centro o acto de final de etapa para o alumnado de 4º de ESO e 2º de BAC. Están convidados a asistir os familiares e o profesorado do centro.

16/06/2026

2º e 3º ESO: Iniciación deportiva ó Surf

Entre as 8:30 e as 18:30 h do martes 16 de xuño, o alumnado de 2º e 3º de ESO participará nunha xornada de iniciación ó surf en Viveiro. A actividade está organizada polo Departamento de Educación Física e os alumnos estarán acompañados por Manuel Pérez e Silvia Díaz.

15/06/2026

2º ESO B: Visita á Catedral de Lugo

Entre as 9:20 e as 15:00 do luns 15 de xuño, o alumnado de 2º ESO B realizará unha visita á Catedral de Lugo. A actividade está organizada polo departamento de Relixión e o alumnado estará acompañado por Silvia Losada Besteiro e Rosa Mª Seco Penedo.

08/06/2026

1º ESO: Piragüismo

Entre as 11:00 e as 14:45 horas do luns 8 de xuño desenvolveranse ao longo da mañá unha actividade de piragüismo para todo o alumnado de 1º de ESO. A actividade está organizada polo departamento de Educación Física, e levarase a cabo na Escuela Lucense de Piragüismo. O alumnado estará acompañado por Manuel Pérez e Silvia Díaz.

02/06/2026

4º ESO: A Voltas co GPS

Entre as 9:20 e as 15:00 horas do día 2 de xuño desenvolverase na localidade de Rábade unha actividade de Orientación na Natureza organizada polos departamentos e E.F. e Tecnoloxía, na que participará o alumnado de 4º de ESO, acompañado por Manuel Pérez e Marco A. López.

01/06/2026

3º e 4º ESO: Visita didáctica á sucursal de A Coruña do Banco de España

Entre as 9:00 a 14:20 horas do luns 1 de xuño o alumnado de Cultura Financieira de 3º ESO e de Economía e Emprendemento de 4º de ESO realizará unha visita didáctica á sucursal de A Coruña do Banco de España. A actividade está organizada polo departamento de Economía e o alumnado estará acompañado por Montserat Penedo Cortizas.

28/05/2026

1º ESO: Visita Aquarium Finisterrae, Castelo de San Antón e a exposición fotográfica Comedy Wildlife.

Entre as 8:30 e as 18:30 horas do xoves 28 de maio, o alumnado de 1º de ESO realizará unha visita ó Aquarium Finisterrae, ó Castelo de San Antón e á exposición fotográfica Comedy Wildlife, na cidade de A Coruña. A actividade está organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e o alumnado estará acompañado por Eva Ríos, Mercedes Pena e Miguel Carricoba.